Info- AXEGA 112– Foto Arquivo
Ocorreu minutos antes das 21 horas no lugar da Devesiña, en Chaián. Aínda que nun primeiro momento os particulares que se atopaban no punto apuntaban a que a persoa era incapaz de saír polos seus propios medios, finalmente os Bombeiros non tiveron que facer uso do seu material de excarceración.
Foi un particular quen se puxo en contacto co 112 Galicia para informar desta saída de vía, e explicaba que o vehículo quedara en malas condicións. A persoa ferida, pola súa banda, permanecía consciente.
Unha vez no punto, os servizos sanitarios encargáronse de evacuala ao centro hospitalario de referencia no helicóptero medicalizado con base en Santiago, mentres que os Bombeiros de Ordes encargáronse de limpar a estrada.
Para este operativo, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes e Santiago e da Garda Civil de Tráfico.