9.2 C
Santa Comba
jueves, mayo 8, 2025

O goberno dubrés saínte informa das últimas axudas conseguidas

O goberno local de Val do Dubra, presidido en funcións polo popular José Manuel Varela Ferreiro, despediu o seu mandato informando das últimas subvencións aprobadas.

Segundo estas fontes, nos últimos días aprobaronse varias axudas. A través do Fondo de Cooperación local hai unha axuda de 29.000 euros para a adquisición dunha rozadora de brazo para a limpeza de cunetas e outra de 46.000 euros para a mellora das infraestruturas de abastecemento.

Do Fondo de Compensación Ambiental están concedidos 39.000 euros para a compra, xunto co concello de Trazo, de dúas rozadoras para o mantemento de camiños.

Local cultural na Cámara Agraria

Tamén deron conta da concesión por parte da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de 28.500 euros para a posta en marcha dun local cultural no edificio da Cámara Agraria.

Por último, o goberno saínte xestionou unha axuda para a mellora da envolvente do Auditorio Municipal. Foille concedida unha achega de 40.000 euros.

A partir deste sábado 17 de xuño comezará un novo ciclo político co socialista Diego Luis Díaz como alcalde, grazas ao acordo acadado entre PSOE e Anova.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos