9.7 C
Santa Comba
lunes, abril 28, 2025

O concello de Val do Dubra súmase a un programa de compostaxe doméstica

Dende o Concello de Val do Dubra anímase a veciñanza a inscribirse ao proxecto de compostaxe doméstica, implicando así a Val do Dubra na loita contra o cambio climático. Este proxecto axuda tanto a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible como a reducir a pegada de carbono.

O Concello pretende, con esta aposta pola compostaxe, que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia orgánica nos propios fogares.

A iniciativa conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O seguimento da campaña prolongarase durante un ano e nela participa O Camiño Sostible. Esta asociación sen ánimo de lucro ten como obxectivo crear e fortalecer unha rede de persoas e entidades que compartan e divulguen as súas experiencias, proxectos e esforzos por vivir nun mundo máis sostible.

Participar no programa é de balde e abonda con completar un formulario en liña (https://www.elcaminosostenible.org/biorresiduos/), chamar ao 690 145 190 ou enviar unha mensaxe o enderezo electrónico biorresiduos@elcaminosostenible.org.

Convocarase unha pequena formación no salón de actos da Casa da Cultura. Ao finalizar dita formación, procederase á entrega dos composteiros ás persoas inscritas no programa.

Durante todo o ano a veciñanza terá á súa disposición o número de teléfono 690 145 190 (chamadas e WhatsApp) e o enderezo electrónico biorresiduos@elcaminosostenible.org para resolver calquera tipo de dúbida. Este servizo é atendido por un biólogo experto en compostaxe.

O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.

Nota de prensa do concello de Val do Dubra

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos