O concello de Val do Dubra ven de sacar a licitación as obras do proxecto de “Rehabilitación da antiga Telleira de Bembibre e do seu entorno”.
O investimento ascende a 509.000 euros (ive engadido). O prazo de execución das obras é de seis meses. O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 11 de maio.
Con esta actuación pretenden recuperar este punto emblemático da “Telleira de Bembibre”, e crear un espazo que sexa utilizado como centro de exposicións, social e cultural e coworking.
Un proxecto de envergadura
Neste enclave consérvase a cheminea que forma parte da fábrica de tellas e unha edificación de planta baixa de 350 m² en estado ruinoso, onde aínda se poden ver antigas turbinas e canalizacións que conectan co río Dubra, desde a súa construción a principios do século XX.
Segundo se explica no proxecto vanse a limpar e restaurar os canais de acceso da auga para a súa conversión en estanques, e a rehabilitación da fábrica e unha edificación “con planta libre da zona onde se ubica o almacén actual, en estrutura de madeira e cuberta de zinc”.
Así quedará este espazo