Outro fermoso lugar para visitar no concello de Val do Dubra, o “Miradoiro do Picoto” tamén coñecido como “Picoto de Arnexo”. Un estupendo balcón sobre o territorio dubrés, cuns accesos e unha contorna mellorada polo concello aproveitando axudas autonómicas.
Desde unha altitude de máis de 500 metros pode verse case todo o municipio. Estas son as imaxes capturadas nunha mañá abril.
VISITAMOS ESTE ESTUPENDO LUGAR