2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

Comezaron as obras de construción do viveiro de empresas de Val do Dubra

Esta semana iniciáronse os traballos de construción do viveiro de empresas que estará operativo no Polígono Industrial de Bembibre no concello de Val do Dubra.

O viveiro de empresas contará cun total de cinco naves de 65,46 m² útiles. Tamén haberá outra nave de servizos comúns dotada cunha sala de reunións, aseos para ambos sexos adaptados á persoas con discapacidade, un cuarto de limpeza e un despacho de administración xeral. O investimento ascende a 300.000 euros.

Primeiras naves do Polígono Industrial

Tendo en conta as características da parcela, que presenta unha pendente pronunciada, é necesaria a explanación da mesma.

O Polígono industrial foi un dos asuntos prioritarios sinalados polo goberno local durante esta lexislatura.

As do Viveiro de Empresas serán as primeiras naves do polígono, e estarán a disposición dos emprendedores que desexen iniciar a sua actividade co fin de crear postos de emprego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos