6.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

O convento de Santiago de Compostela que gardaba a clave do descubrimento de América

Marcos Castro Vilas

Na cidade de Santiago de Compostela atópase o convento de Santo Domingo de Bonaval fundado nesta cidade no ano 1219. No convento de Santo Domingo de Bonaval encóntrase o sepulcro de Dona Urraca de Moscoso e Castro, condesa de Altamira na terra do Xallas, e que casou no século xv con Pedro Álvarez Osorio, conde de Trastámara, dando orixe a unha das familias máis importantes da nobreza da época.

Dona Urraca de Moscoso foi unha auténtica filántropa e benfeitora do convento durante a Baixa Idade Media, durante ese tempo o convento funcionaba como un Estudio General antes do nacemento oficial da universidade moderna de Santiago de Compostela. Baixo o seu mecenado acollíanse aos estudantes de calquera procedencia e condición social que desexaban ser instruídos, sendo considerado un centro de ensinanza moi prestixioso no cal impartíanse clases de gramática, aritmética e xeometría.

Segundo recolle o investigador García Ballester, no século xiii nas bibliotecas de Val de Dios e de Bonaval en Santiago de Compostela era posible consultar a obra completa de Aristóteles, tamén na catedral de Toledo, en Burgo de Osma e en Palencia. Gracias á labor da chamada escola de tradutores da cidade de Toledo, a obra de Aristóteles foi penetrando polos principais conventos e mosteiros da península e de Europa durante a Idade Media.

Corpus aristotelicum

Tódalas obras e textos de Aristóteles que chegaron ata nós conforman o que se coñece como Corpus aristotelicum, tamén os textos de autoría máis dubidosa que se engloban ou inclúen dentro das obras pseudoaristotélicas ou PseudoAristóteles. Neste último grupo e na súa filosofía natural podemos atopar o texto De mirabilibus auscultationibus (Das maravillas escoitadas).

A este respecto no capítulo III do libro II da Historia General y Natural de las Indias, Don Gonzalo Fernández de Oviedo, dando conta do descubrimento de América escribe o seguinte:

«En el precedente capítulo se dixo la opinión que el vulgo tiene çerca del descubrimiento destas Indias: agora quiero yo deçir lo que tengo creydo desto, é cómo á mi paresçer Christóbal Colom se movió, como sabio é docto é osado varón, á emprender una cosa como esta, de que tanta memoria dexó a los presentes e venideros; porque conosçio, y es verdad, que estas tierras estaban olvidadas. Pero hallólas escriptas, é para mí no dudo averse sabido é posseydo antiguamente por los reyes de España. E quiero deçir lo que en este caso escribio Aristóteles, el qual diçe que despues de aver salido por el estrecho de Gibraltar haçia el mar Atlántico, se diçe que se halló por los cartagineses, mercaderes, una grande isla que nunca avia seydo descubierta ni habitada de nadie, sino de fieras é otras bestias…«
Só queda por lembrar que cando Cristovo Colón chegou a América, a súa illa favorita, o seu marquesado familiar, púxolle o nome de illa de Santiago ou Janahica onde se atopa o río Yallahs.

  • Por Marcos Castro Vilas, arquitecto e autor do libro «Cristóbal Colón y el periplo de Hannón» editado por Ir Indo no ano 2017.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos