16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Feiras do Abril 2023 en Val do Dubra

Nota de prensa do concello de Val do Dubra

Con sabor a mar e a terra, dous dos elementos fundamentais da gastronomía galega, Val do Dubra dálle estes días a benvida a primavera cunhas Feiras do Abril que levaron ata a capital municipal a milleiros de persoas e ao vicepresidente da Xunta, Diego Calvo; ás conselleiras do Mar, Rosa Quintana, e de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, e alcaldes da comarca.

A festa da empanada colleu hoxe o relevo da degustación de mexillón que organizou a Consellería do Mar o sábado e que se fixo en beneficio da Asociacación Avante, de persoas con discapacidade.


Os concertos das orquestras Combo Dominicano e Panorama foron o punto de atracción da xuventude, e os campionatos e feiras de cans de caza xuntaron a centos de afeccionados.


Pero as Feiras do Abril son máis de música e caza. No polideportivo municipal déronse cita máis de medio cento de comerciantes do municipio e arredores para amosar a variedade de produtos que ofrece o comercio de proximidade.

Na feira de maquinaria agrícola, con tractores que superan os 300.000 euros, quíxoselle amosar aos gandeiros que o aluguer de maquinaria pode ser unha liña viable para traballar o campo. A exposición de razas autóctonas non faltou nesta edición das Feiras do Abril, nas que Marcos Mariño fixo unha demostración en vivo de como se crea unha escultura de madeira utilizando só unha motoserra.


Máis de mil persoas quedaron sorprendidas co espectáculo Duende Ecuestre, ao ver as piruetas de cabalo de pura raza que se movían ao ritmo da música e agradecían os aplausos saudando ao público de xeonllos.


E se os concurso relacionados coa caza, os cabalos e as razas autóctonas foron protagonistas o sábado e o domingo, hoxe tocoulle a quenda a un dos pratos típicos da gastronomía galega.

A Festa da Empanada levou ata o campo da feira a un abarrote de persoas. Os 136 kg de empanadas que a organización encargou nas catro panaderías de Val do Dubra, e que o último ano foron máis que suficientes, quedáronse escasos nesta ocasión para saciar o apetitos de tanto comensal, aínda que todos a puideron probar.
As Feiras do Abril aínda lle quedan dous días de festa, máis pensados para a xuventude, coa celebración do festival de electrodance O Dubra Son que se celebra na telleira o mércores, 5, e o xoves, día 6.


O alcalde, José Manuel Varela Ferreiro, agradécelle a implicación de todas as persoas que forman parte da organización, “que levan meses traballando para facer todo este despregue”, e recoñece que as Feiras do Abril volve coller o pulo que tiveron antano.


Premios da feira de cans de caza


Na feira de cans de caza déronse cita este ano máis de 120 expositores, criadores afeccionados que amosaron os mellores exemplares. Ao rematar, os xuíces declaracon como ganadores nas diferentes categorías a:


• Mellor xauría da feira: Grifóns azuis do Acibal
• Mellor can de caza mellor: Carlos Casas Cambón coa súa cadela Beagle Nitg
• Mellor can de caza maior: Josecho, a Laracha, cun anglo francés de nome Navarro.
• Mellor camada da feira: Carlos Vallinas cun gran grifón vendeano.
• Mellor can da feira: Héctor Calvo, cun grifón azul de gascuña.
• Mellor can de pluma da feira: Manuel Cancela, co setter inglés chamado Puscas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos