O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, ten claro que: “estas próximas eleccións xogámonos todos moito e precisamos da vosa axuda”.
No acto comarcal de presentación de candidatos do PSOE, apelaba deste xeito á necesidade de traballo e mobilización electoral:”Temos que ser capaces de convecer a todo o mundo para que deposite a papeleta na urna”.
Lembrou que o PSOE tiña unha maioría absoluta en Negreira nunhas circunstancias especiais:”Teño unha maioría absoluta por dous votos.O Partido Popular leva catro anos buscando por eles e aínda non os atoparon”.
Leis amosouse optimista: “O 28 de maio vamos ser moitos mais alcaldes e alcaldesas socialistas nesta comarca de compostela. E tamén opina que “destas eleccions poden saír reforzados os vindeiros gobernos socialistas”.