9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Val do Dubra, oitava localidade de Galicia cunha aula de alzhéimer

Val do Dubra será a oitava localidade de Galicia que vai contar cunha aula de alzhéimer, un servizo específico de estimulación terapéutica para persoas con esta ou outras enfermidade neurodexenerativas. Atendendo unha petición do alcalde, o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social, Antón Acevedo, desprazouse esta mañá ata Bembibre para comunicar que a Xunta sacou hoxe a licitación a contratación deste servizo, que estará operativo a partir do mes de xullo.


O alcalde, José Manuel Varela, agradeceu que a Xunta elixise Val do Dubra para poñer en marcha esta “aula de estimulación tan necesaria para mellorar a calidade de vida das persoas maiores”.

Varela Ferreiro destacou que, unha vez estea operativa, “Val do Dubra vai contar cuns servizos sociais de primeiro nivel para atender á nosa veciñanza”. Neste senso fixo mención a que o municipio xa conta cun aula de atención temperá e un aula de envellecemento activo (cunha trintena de usuarios cada unha) e que nos últimos anos triplicou o número de horas financiadas polo Goberno autonómico para o Servizo de Axuda no Fogar.


Na súa visita a Val do Dubra, Antón Acevedo reuniuse con José Manuel Varela, coa concelleira Rosa Parafita, a traballadora social, a educadora familiar e co persoal que atende a aula do maior e de atención temperá, para explicarlles os pormenores deste proxecto.


Acevedo dixo que hoxe se publicara o anuncio de licitación deste servizo na plataforma de contratación da Xunta, cun investimento estimado que acadará os 268.200 euros en cinco anos, a duración máxima deste contrato.


O obxectivo é a prestación do servizo de estimulación terapéutica para 10 persoas no Concello de Val do Dubra, así como o transporte vinculado ao mesmo. O director xeral aclarou que as persoas usuarias deberán ter recoñecido un grado 3 de dependencia e contar no seu PIA (plan individualizado de atención) coa asignación deste servizo.

Cada persoa recibirá un máximo de 45 horas mensuais de atención, en horario de mañá ou tarde, segundo estableza a entidade adxudicataria, que tamén poderá acordar coas familias ou as persoas usuarias máis horas de sesións, que xa non estarán financiadas pola Xunta.


A duración inicial do contrato será de dous anos, dende 1 de xullo deste ano ara o 30 de xuño de 2025, aínda que a licitación xa contempla unha posible prórroga ata un máximo de cinco anos. O Goberno galego xa contempla un investimento base de 108.174 euros (para os dous primeiros anos), e un valor máximo do contrato de 268.200 euros (máis IVE) polos cinco anos de duración. Do importe total do orzamento estímase que a Xunta aportará o 80% e o restante 20% satisfarase coa aportación das persoas usuarias.


O contrato xa establece un prezo de 7,26 euros a hora de estimulación terapéutica e 6,05 euros o transporte. As empresas interesadas en participar nesta licitación teñen 30 días naturais para presentar a súa oferta.


Oitava localidade de Galicia


Val do Dubra será a oitava localidade de Galicia que contará cunha aula de estimulación para persoas con alzhéimer ou enfermidades neurodexenerativas financiadas pola Xunta. Ata o momento, a Consellería de Política Social conta con 75 prazas contratadas en Santiago, Ourense, A Estrada, Marín, Tui, Moraña (cada unha delas con 10 prazas) e Mos (15 prazas). En todos os casos, estas aulas están xestionadas por asociacións de familiares como Agadea, Afaor, Afapo ou Afaga.

NOTA- CONCELLO DE VAL DO DUBRA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos