César Ramos non se presenta ás eleccións // Diego Luís Díaz volverá encabezar ao PSOE dubrés // A deputada Iria Carreira reúnese con veciños de Santa Comba
César Ramos non se presenta ás eleccións
O tenente de alcalde do concello da Baña e líder de Compromiso, César Ramos Domínguez, anunciou que non concorrerá ás próximas eleccións municipais alegando motivos persoais.
Ramos forma parte do goberno presidido polo popular Andrés García Cardeso a quen apoiou nunha moción de censura contra o socialista José Antonio Pereira.
Diego Luís Díaz volverá encabezar ao PSOE dubrés
Este xoves 23 de marzo, no auditorio de Bembibre (20,30h) preséntase Diego Luís Díaz Méndez. O actual portavoz municipal socialista repite como candidato.
“Quero encabezar un novo goberno, que dea unha nova oportunidade a Val do Dubra. A oportunidade de xestionar o Concello dun xeito máis serio e ético, modernizando a gobernanza traendo a Val do Dubra ao século XXI, logo de anos anclado en políticas máis propias dos anos 90” manifesta o aspirante.
A deputada Iria Carreira reúnese con veciños de Santa Comba
O BNG de Santa Comba organiza unha xuntanza veciñal coa deputada nacionalista Iria Carreira en relación cos parques eólicos.
O encontro terá lugar este venres 24 de marzo, na Casa da Escola de Barbeira (19h) no concello de Santa Comba. Anuncian que se lle “trasladará de primeira man a inquedanza e malestar polas ubicacións dos proxectos eólicos que nos afectan”.
E que desde o BNG “darásevos voz alí onde se precisa ser escoitados”. A xuntanza está dirixida ós veciños de distintas aldeas xalleiras afectadas por estes proxectos.