INFO-AXEGA 112
Unha fochanca de grandes dimensións condiciona o tráfico no punto quilométrico 18 da AC-543, no lugar do Castro.
Por iso, as forzas da orde interromperon completamente a circulación de vehículos na estrada e habilitaron o desvío á CG-1.5 nas saídas 15 e 19, mentres duren os labores para restablecer as condicións de seguridade.
Varios particulares deron conta da situación ao 112 Galicia. Uns minutos antes das 16:30 horas, recibíanse no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia os avisos dunha fochanca de dous metros de profundidade e duns catro de ancho, na estrada que une Urdilde con Noia, á altura do pobo de Castro.
Axiña, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil de Tráfico, do servizo de mantemento da vía de circulación e do GES de Padrón