10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O concello de Val do Dubra adquire un vehículo para o traslado gratuito de persoas maiores

O Concello de Val do Dubra acaba de adquirir unha furgoneta de nove prazas coa que pretende poñer en marcha un servizo de traslado para as persoas maiores do municipio.

O vehículo recén adquirido é unha furgoneta Nissan NV300 equipada con todas as comodidades dun vehículo moderno, que conta con distintivo ambiental ECO, “seguindo co compromiso do Concello de adquirir vehículos de baixas emisións, en aras das directrices europeas”.

A furgoneta non supuxo ningún gasto para o concello xa que se mercou mediante unha axuda do 100% do prezo.

Facilitar a vida das persoas maiores

Segundo indican desde o concello dubrés “desde a Concellaria de Servizos Sociais tíñase detectado que algunhas persoas maiores manifestaban dificultades para poder desprazarse, polo cal estímase que este servizo pode beneficiar a un gran número de usuarios, aumentando a súa socialización e mellorando a autoestima destas persoas que vían limitada a súa mobilidade”.

Con esta iniciativa preténdese facilitar a asistencia ao Centro de Saúde, e levar a cabo trámites de oficina ou bancarios, así como a mellorar a súa inclusividade nas distintas actividades do concello, tal como asistir á Feira, que ten lugar dous días ó mes, ou acudir a Aula de Maiores, “onde dispoñen dunha programacion adaptada para eles mesmos”, sinalan fontes municipais.

Teléfono 619460949

Este vehículo é fácilmente identificable xa que está rotulado coas letras “Servizos Sociais. Concello de Val do Dubra”, e co escudo do Concello e comezará a prestar o servizo de modo inminente.

Polo momento para proceder á planificación das rutas o concello activou o teléfono 619460949 “para que as persoas que queiran usar o servizo o soliciten”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos