11.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Domingo 12 de febreiro. Santiago acolle unha manifestación “na defensa e mellora da sanidade pública”

Domingo 12 de febreiro. Santiago acolle unha manifestación “na defensa e mellora da sanidade pública”

Este domingo celébrase en Santiago de Compostela unha manifestación “na defensa e mellora da sanidade pública” e en apoio da Atención Primaria, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública. O punto de encontro será a Praza da Alameda ás 12h.

Iniciativa Lexislativa Popular

Este martes desde a Plataforma presentaron unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) respaldada por 50.000 sinaturas presentadas no Parlamento de Galicia. De feito, xa se levan recollidas máis de cinco milleiros de sinaturas máis, porque a campaña de recollida continúa ata o 15 de febreiro.

Tanto a manifestación como a ILP conta co apoio do BNG, PSdeG, Podemos, Anova ou Esquerda Unida.

O texto recolle distintas propostas relacionadas co número máximo de pacientes que pode atender un médico, o tempo máximo de agarda para unha consulta, ou atención preferentemente presencial nos Centros de Saúde.

SOS Sanidade Pública

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública denuncian que a Consellería de Sanidade aprobou “ uns orzamentos que supón a metade do orzamento necesario segundo a Organización Mundial da Saúde. Un ridículo financiamento do 14% do gasto sanitario comparado co 25% que deberíamos ter según a OMS”.

Tamén alertan do colapso dos servicios de urxencias hospitalarias ou da privatización sanitaria, entre outras cuestións que recollen no manifesto da súa web www.sossanidade.com

Para este domingo está previsto o desprazamento de autobuses desde distintos puntos de Galicia.

Este domingo celébrase en Santiago de Compostela unha manifestación “na defensa e mellora da sanidade pública” e en apoio da Atención Primaria, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública. O punto de encontro será a Praza da Alameda ás 12h.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos