11.1 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Oliva Agra será a candidata do PP á alcaldía de Ames

A presidenta do Comité local e portavoz municipal do Partido Popular de Ames, Oliva Agra, será a candidata a alcaldía de Ames por esta formación.

Desde a dirección provincial dos populares confirmaron que Agra liderará a lista e será a encargada, “a partir de agora, de confeccionar e dirixir un equipo de persoas” co que aspiran “ ser a forza maioritaria na cita coas urnas locais”.

As mesmas fontes sinalan que o obxectivo é “presentar un proxecto que atraia o voto de toda a xente do concello que está a demandar un cambio na forma de facer política”.

Destacan que Oliva Agra “foi a encargada de liderar a oposición e coñece á perfección as necesidades e as demandas que teñen os veciños de Ames”.

O PP de Ames prepara agora un acto oficial de presentación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos