10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Evaristo Ben: ”É o momento de que Rubén Suárez tome as rendas de Negreira”

Rubén Suárez Carballo volverá a liderar a candidatura do Partido Popular no concello de Negreira. E este 28 de xaneiro foi a súa presentación oficial, acompañado polo secretario xeral provincial, Evaristo Ben e pola secretaria territorial, Rosa Quintana.

Evaristo Ben puxo en valor o traballo feito por Suárez nos últimos catro anos e aseguro que o candidato popular “é hoxe aínda mellor que fai catro anos, ten máis ilusión e máis experiencia para tomar as rendas do Goberno de Negreira”.

Rubén Suárez “un grandísimo candidato”

Pediu o apoio para o seu “grandísimo” candidato:“Veño aquí a pedirvos que botedes unha man, que axudedes a Rubén a poder conseguir a alcaldía de Negreira. Estou convencido de que o ides conseguir porque o merecedes e porque tedes traballado e seguides traballando para que así sexa”.


Para Ben Otero as eleccións municipais tamén teñen unha lectura estatal: É o momento de dicirlle a Pedro Sánchez que o seu tempo na Moncloa acábase. En maio teremos a primeira oportunidade de ensinarlle o camiño de saída, de deixarlle claro que non avalamos as súas políticas á fronte do Gobierno Central e, a única maneira de facelo é collendo a papeleta de PP en todos e cada un dos municipios”.

Engadiu o secretario provincial: “Que non vos enganen, o único PSOE que existe é o PSOE de Pedro Sánchez, o mesmo PSOE que provocou que Negreira non pare de perder oportunidades”, afirmou.

A transformación de Negreira

Pola súa banda, Suárez, que aproveitou a súa intervención para agradecer o apoio de todos os integrantes do PP de Negreira, e comprometeuse a traballar para darlle aos veciños todo o que se merecen.

“Nos últimos oito anos non se levou a cabo a transformación que merecía e necesitaba este concello. Non houbo inversións de ningún tipo e non se coidou da xente maior. Nós estamos preparador para facelo”, concluíu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos