12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

A Xunta licita o proxecto de rehabilitación integral do CPI San Vicente

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, achegouse o concello da Baña para anunciar a licitación das obras de rehabilitación integral do Colexio Público Integrado de San Vicente.

O proxecto contempla un investimento de 1.161.179,44 euros. Segundo explicou Román Rodríguez, entre as actuacións previstas inclúense traballos nas cubertas e fachadas para mellorar a impermeabilización da estrutura e tarefas de carpintería exterior.

Tamén se actuará nos acabados interiores e nas instalacións (aseos, instalación eléctrica e iluminación) e renovaranse un total de 121 ventás e 300 luminarias.

“Queremos renovar e acondicionar o colexio adaptándonos ás novas necesidades do alumnado e profesorado e seguindo as pautas do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que, cun investimento de 191 millóns, estamos facendo máis confortable e sustentables os centros escolares galegos”, remarcou o conselleiro de Educación.

«Algúns pensaban que este goberno vendía fume»

Para o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, o anuncio de Educación “é unha moi boa nova; os nenos e as nenas da Baña terán unhas infraestruturas educativas en condicións”, dixo.

Tamén quixo remarcar que “a rehabilitación integral do CPI de San Vicente da Baña é unha realidade, en contra da opinión do que algúns pensaban de que este goberno municipal vendía fume”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos