14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Préstamo sen xuros de medio millón de euros para rehabilitar a antiga Telleira de Bembibre

A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Val do Dubra José Manuel Varela Ferreiro, asinaron o acordo que permitirá a este concello optar a un préstamo sen xuros de máis de 500.000 euros para rehabilitación da antiga Telleira de Bembibre.


Explicaron desde a Xunta que esta medida enmárcase no Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Así, segundo lembrou Ángeles Vázquez, os préstamos concedidos ao abeiro desta iniciativa, que deberán ser reintegrados polo municipio nun prazo de 8 anos, teñen por obxectivo, entre outras cuestións, adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio.


Neste caso, a actuación prevista é a rehabilitación da Telleira de Bembibre, unha edificación dun gran valor simbólico, para convertela nun espazo que albergue as funcións de museo, centro social e cultural así como coworking.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos