19.2 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Val do Dubra e Trazo xestionaron unha axuda para contar con dous puntos limpos móbiles

Os concellos de Val do Dubra e Trazo contan con dous puntos limpos móbiles para prestar servizo nas diferentes parroquias dos dous municipios.

Trátase dunha mellora financiada pola Consellería de Medio Ambiente grazas á xestión dos alcaldes José Manuel Varela (Val do Dubra) e Fina Suárez (Trazo). O importe total dos vehículos ascenden a 75.000 euros, sendo a achega da administración autonómica de 67.500 euros. O resto afróntase con fondos propios.

Son dous camións equipados con “gancho multilift” e que xa foron recepcionados por parte dos concellos. Con este servizo, achégase a posibilidade da reciclaxe ós núcleos rurais avanzando na correcta xestión dos residuos domésticos.

Equipados para distintos tipos de residuos

O punto limpo móbil contén varios apartados para poder depositar diferentes fraccións que se poden reciclar como é o caso de pequenos electrodomésticos, pilas, roupa ou xoguetes.

De feito contan con apartados para depositar aceites vexetais usados, lámpadas e fluorescentes, papel e cartón, pilas e baterías, roupa, pinturas, vernices e disolventes, xoguetes e residuos de aparatos electrónicos.

Desde os concellos de Val do Dubra e Trazo agradecen a axuda económica da Xunta e animan á veciñanza a usar este novo servizo, para avanzar no coidado do medio ambiente e na loita contra o cambio climático.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos