Para os socialistas despois dun ano da “vergoñenta moción de censura” presenta co “Sr. Cardeso e o Sr. Ramos á cabeza da manobra política” o froito é o “desgoberno”.
Desde a formación que lidera José Antonio Pereira critican a falta de licitación do Servizo de Madrugadores no CPI San Vicenzo, Escola Municipal de Música, Aula de Informática Municipal, Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ou das Obras do POS 2022.
Tamén denuncian que hai cantidades económicas sen abonar como a débeda coa Fundación Discapacitados Psíquicos Barcala, prazas como a de Capataz de obras sen cubrir ou obras como as do CPI San Vicenzo sen iniciarse.
«Non son capaces de cumprir o que eles propoñen»
En cambio os socialistas aseguran que si se subiron os soldos do goberno PP-CxG por “máis de 7.000 euros”, e aprobouse a subida de taxas das actividades deportivas e culturais.
Tamén critican a falta de mantemento das instalacións e servizos, ou o “incumprimento das mocións presentadas e aprobadas polo bipartito” xa que “non son capaces de cumprir o que eles mesmos propoñen”.
Engaden os socialistas que “A Baña é o único Concello da comarca de Compostela do que non constan datos da débeda a provedores no Ministerio de Facenda”.
Ademais sinalan que “o goberno formado polo Partido Popular e Compromiso por A Baña pasa o rodillo á oposición provocando a súa ausencia ao pleno ordinario de novembro” cun “cambio de hora a conciencia para evitar a labor da oposición”.