14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

VII Xornada do rural Pousa Antelo en Ordoeste

O local social de Ordoeste (A Baña) acolle este vindeiro sábado 26 de novembro a VII Xornada do rural Pousa Antelo, organizada pola asociación cultural Afonso Eanes coa colaboración da asociación de veciños Camiño Real de Ordoeste.

A xornada arrancará (10:45h) cunha charla do axente ambiental, Abel Pérez, sobre a “Lei de Montes e Lei de Incedios de Galicia. Distancias de plantación e xestión de biomasa en faixas auxiliares”.

A continuación(11:30h) o enxeñeiro técnico forestal, Antonio Agulló, falará sobre a “Vulnerabilidade dos núcleos rurais ate os incendios forestais”.

E outro enxeñeiro(12:45), Jesús de la Fuente, intervirá coa ponencia: “Un monte galego diferente é posible. Posta en valor das súas fortalezas”.

A xornada continuará despois do xantar(16:30h) con Ana Rodríguez Vázquez, gandeira e viceresponsable do sector lácteo do SLG que falará sobre “A PAC que se aplica a partir de 2023:Feita para Galicia?”.

Para rematar, o sector eólico será o último tema a tratar a cargo de Carme Varela Rodríguez. O título da charla “Asedio eólico”. A partir das 17:15h. A entrada é de balde.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos