15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Novo equipamento para os concellos de Val do Dubra e Trazo

A alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, e o rexedor de Val do Dubra, José Manuel Varela Ferreiro, veñen de adquirir un tractor e unha desbrozadora de brazo grazas a unha axuda do Fondo de Compensación Local que ascende a 39.000 euros. Ademais, os consistorios asumirán con fondos propios, un custe de 21.000 euros, entre os dous, para completar o gasto total de 60.000 euros.

A maquinaria, que será compartida polos dous concellos, servirá para reforzar o traballo das brigadas medio ambientais na limpeza e conservación de distintos espazos. Os mandatarios recibiron o equipamento esta semana nas inmediacións do casa do concello de Trazo.

Fina Suárez e José Manuel Varela valoraron positivamente a utilidade desta maquinaria para a limpeza de vías e outras zonas e tamén a posibilidade de fomentar a colaboración entre concellos para a optimización dos recursos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos