9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Os concellos de Val do Dubra e Negreira continúan unidos no servizo de atención temperá

Val do Dubra e Negreira continuarán prestando xuntos o servizo de atención temperá. Luns, martes e mércores en Negreira (rúa Castelao) e os xoves e venres en Val do Dubra (Centro de formación- Rúa Corredoira- Bembibre).

Os alcaldes destes municipios, José Manuel Varela Ferreiro e Ángel Leis Míguez, asinaron un novo convenio para o mantemento desta Unidade de Atención Temperá que está operativa desde o pasado mes de marzo e na actualidade atende a uns 63 nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Tamén asistiron ao acta de sinatura a concelleira de Servizos Sociais de Val do Dubra, Rosa Parafita e a súa homóloga en Negreira, María del Mar García.

Esta Unidade de Atención Temperá conta con catro especialistas distribuidas en catro áreas: conductal; cognitiva, linguaxe e psicomotora.

Os alcaldes valoran o servizo

Para Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira é un servizo “fundamental” e que seguirán “nesta liña de colaboración pola boa valoración que fan os técnicos do servizo e sobre todo as familias, que son as que realmente teñen que decir se están contentos coa prestación”.

Pola súa banda, José Manuel Varela Ferreiro , alcalde de Val do Dubra, salientou o feito de que comparten a mesma filosofía que Negreira, de que é “un servizo esencial que naceu froito da colaboración entre os dous concellos e de que debemos dar todo o noso apoio ás familias”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos