9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Novo convenio para a reparación de vías no concello de Trazo

A alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, desprazouse ata a sede da Deputación provincial coruñesa para asinar un novo convenio co presidente, Valentín González Formoso para financiar a reparación das estradas municipais afectadas polos desvíos de tráfico durante as obras DP-7804 para construír unha ponte sobre o rego Gatofero.

Investimento de 164.306 xestionado polo concello de Trazo

O investimento ascende a 164.306 (eran 142.721 antes da actualización). Segundo informaron desde o organismo provincial unha das actuacións será no treito entre Ponte Albar a Chaián (2,4 quilómetros) onde se reparará a vía e as canalizacións e realizarase un dobre tratamento superficial en toda a plataforma, así como nova sinalización.

Tamén se acondicionará a estrada que conecta o cruzamento de Chaián coa ponte sobre o Río Tambre, ao longo de 1,3 quilómetros, co o fresado e reposición das zonas deterioradas e arranxo dos sumidoiros e canalizacións afectadas.Por último, refaranse un pozo e un sumidoiro e instalarase nova sinalización.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos