José Antonio Pereira Gil volverá a encabezar a candidatura do PSOE da Baña. Así o decidiu a asamblea xeral dos socialistas nunha asemblea extraordinaria celebrada esta pasada fin de semana.
O actual Secretario Xeral da Agrupación e Voceiro Muncipal do Grupo Socialista no Concello da Baña, Pereira Gil, agredeceu novamente a confianza depositada no seu proxecto e asegurou que seguirá traballando pola veciñanza e para a veciñanza para recuperar novamente a alcaldía que lle foi arrebatada a través dunha vergoñenta moción de censura no 2021.
«A nosa palabra vale moito»
«Seguimos traballando como o primeiro día, traballando igual desde unha alcaldía que desde a oposición. O noso equipo non lle vai fallar a ninguén. A nosa palabra vale moito» afirmou José Antonio Pereira.
É optimista con respecto ás vindeiras eleccións:»Recuperaremos á Alcaldía da Baña para demostrar que as cousas se poden facer doutra maneira, desa maneira á que algúns parece non interesarlle moito».
O candidato afirma que «Necesitamos unha maioría sólida para continuar co proxecto que iniciamos no 2019 e que tanta ilusión xerou entre os nosos veciños e veciñas».