13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Mónica González, candidata do BNG á alcaldía do concello da Baña

A ex-concelleira e responsable das áreas de Política Social, Emprego, Educación, Cultura e Deporte durante o mandato do socialista José Antonio Pereira Gil, Mónica González, será a candidata do BNG a alcaldía do concello da Baña. Fai uns días renunciou como concelleira non adscrita, e con anterioridade deixara o grupo socialista.

Unanimidade na asemblea do BNG

Segundo informan desde o BNG foi elixida por unanimidade pola asemblea local.

O responsable local da organización, Xulio Blanco, destacou que “temos unha organización máis cohesionada ca nunca e a Asemblea local do BNG elixiu por unanimidade a Mónica González para ir a por todas nas vindeiras eleccións municipais, porque queremos unha Baña con futuro” explicou.

Mónica González, moi ilusionada

Pola súa banda, Mónica González dixo estar “moi ilusionada con esta nova etapa, incorporándome a participar nunha organización sólida, honesta e coherente como é o Bloque Nacionalista Galego, para traballar incansabelmente polas veciñas e veciños da Baña”.

“A Baña precisa de máis e mellores servizos públicos e de máis infraestruturas que axuden a asentar poboación e xerar emprego nun concello que ten moitas potencialidades. Precisa do proxecto transformador que representa o BNG, que ten sobradamente demostrado como é capaz de mellorar a vida das persoas alí onde goberna. Niso poremos todo o noso empeño” declarou González.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos