13.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

O goberno de Val do Dubra xestionou unha axuda para a mellora do CPI de Bembibre


O concello dubrés investirá máis de 50.000 euros.


O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela Ferreiro, asinaron o convenio polo que a administración provincial achegará 73.920 euros, o 59,49% do orzamento total da obra, que ascende a 124.252,98 euros. O acto contou tamén coa asistencia do deputado de Contratación, Xosé Lois Penas.


A outra parte do investimento será asumido polo concello de Val do Dubra. Uns 50.332 euros.

Obras no C.P.I. de Bembibre


As actuacións desenvolveranse no patio do colexio, cun peche perimetral do parque infantil mediante un valado de malla electrosoldada e un portalón de acceso desde o centro educativo, así como a recuperación do acceso desde a rúa Corredoira coa execución dunha nova porta de entrada. Así, en horario lectivo só os escolares poderán ter acceso desde o novo portalón mentres que, fóra deste horario, esta entrada pecharase e os veciños accederán polas das rúas Socortes e Corredoira.


Tamén se realizarán melloras en todo o patio, renovando o valado existente, repoñendo a porta de acceso das escaleiras da rúa Socortes, que se demolerán creando unha rampla, creando unha zona de xogos con pavimento de caucho continuo, instalando diferentes xogos como balancíns e areeiros, creación de sendeiros e colocación dunha fonte ornamental e catro bancos.


Por outra banda, este proxecto tamén inclúe a ampliación e mellora da rúa Socortes, onde se atopa a entrada de acceso ao centro educativo. Estes traballos servirán para crear zonas de aparcamento a ambos lados da vía e para executar novas beirarrúas.
O tempo estimado de duración dos traballos desde o seu inicio é de seis meses.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos