16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Santa Minia arrastrou a milleiros de persoas á tradicional romería

Milleiros de persoas, non so de Brión senón de comarcas próximas como Santiago, Barbanza, Xallas e mesmo Ordes, ateigaron a contorna da capela de Santa Minia dende primeiras horas da mañá.

O coordinador da festa, Alberto Álvarez, explica que “durante a tirada de fogos de artificio e o espectáculo de luz e son a carballeira estivo totalmente chea, así como as pulperías e durante o concerto da París de Noia. E hoxe a afluencia é semellante a de anos anteriores á pandemia, onde a xente de lonxe aproveita para vir o domingo e os de máis preto veñen o propio Día de Santa Minia”.

As visitas ao santuario comezaron ás nove da mañá e desenvolvéronse con colas, pero sen esperas máis aló dos dez minutos. Así, milleiros de devotos cumpriron coa tradición de bicar o sepulcro onde repousa a santa e pasar sobre el as típicas estampiñas de Santa Minia para que lles dean sorte durante todo o ano.

Coma en anos anteriores, e por razóns de seguridade as candeas de ofrenda que traían os romeiros non se depositaron na capela, senón na casa reitoral, onde teñen lugar as misas. Unhas figuriñas de cera con formas de mans, brazos, cabezas, pernas… de acordo con aquela parte do corpo na que pidan a actuación de Santa Minia e que os devotos presentaran minutos antes diante da Santa tras mercalos nos postos que rodean a capela de Santa Minia.

Santa Minia con novidades

A pesar de continuar sendo o punto central da romaría, o Concello de Brión cambiou de emprazamento varias actividades para evitar aglomeracións innecesarias. Así, as atraccións infantís trasladáronse ata a finca fronte ao centro social polivalente, de onde partían os máis dun cento de postos de venda de rosquillas, roupa, chourizos, queixos, xamón ibérico, larpeiradas, licores, filloas, ferramentas, pulseiras, velas, imaxes relixiosas, música, zapatos, xeados…, así como varios food-tracks. Así mesmo, as orquestras trasladáronse a una parcela próxima ás polbeiras, para facilitar a instalación dos palcos e evitar danos na carballeira.

Outros que estiveron sempre cheos foron as cinco polbeiras emprazadas na zona, que non deixaron de vender racións de polbo e churrasco. A música da mañá correu a cargo do grupo de gaitas Airiños do Petouto, que estivo acompañado polas charangas Noroeste e Os Celtas, e o grupo Dixie Kings.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento da Romaría, agradecendo “o extraordinario traballo que están a realizar os traballadores municipais, así como os membros de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e persoal médico para que as festas se desenvolvan dentro da normalidade e sen ningunha incidencia”.

Lago Sanmartín guiou pola Romaría á comitiva oficial xunto ao vicepresidente Segundo e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso; e os alcaldes de Ames, Blas García; Negreira, Manuel Ángel Leis; Carnota, José Manuel Saborido; Dodro, Francisco Castro; Porto do Son, Luís Oújo; e Oroso, Luís Rey. Posteriormente incorporáronse os alcaldes de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e Vedra, Carlos Martínez Carrillo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos