A contorna da Fervenza de Castriz acollerá o acto de entrega dos diplomas SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destino) este martes 20 de setembro.
Estará presidido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Antes da entrega terá lugar unha andaina de ao redor de 4 quilómetros pola área recreativa, os muíños e a fervenza de Castriz.
Os establecementos que recibirán os diplomas son Casa Abelleira e Hotel Payro, de Ames; Apartamentos A Carballeira do Tambre e Pazo de Cores, da Baña; O Balado, de Boqueixón; Hotel Balneario Compostela e Balneario Compostela, de Brión; Casa do Gabino, Talladas Gastrobar e Hotel Xallas, de Santa Comba; Moradas do Ulla, de Teo; Casa Barqueiro e Casa Paramos, de Val do Dubra; e Pazo de Vista Alegre e Pazo Cibrán, de Vedra.
Tamén está prevista a asistencia da alcaldesa de Santa Comba, María Pose; do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; do subdirector de Agader, Moisés Blanco; e da presidenta do GDR Terras de Compostela, Guarina Rey.