O sábado 27 de agosto a localidade de Bembibre, no concello de Val do Dubra, acollerá unha festa na honra ó “Santísimo Sacramento”.
Pola mañá celebrarase un torneo de petanca(10,30h), e unha misa solemne(13,00), antes da sesión vermú que estará amenizada polo Dúo Estrellas. Pola tarde haberá un torneo de xadrez(17h) e unha verbena co grupo Amazonas e o trío Matices.
O domingo 28 as celebracións estarán adicadas á Virxe do Carme con misa solemne(12h), actuación da A.X. Regueifa(13h) e sesión vermú con Son II.
As festas desevolveranse no Campo da Feira. Haberá carpa.