Festas do Emigrante 2022 en Val do Dubra
O concello de Val do Dubra presentou o cartel de actividades das Festas do Emigrante 2022. O xoves 4 de agosto celebrarase a XXXIV Festa da Cervexa coa actuación de Mad Martin e Stormy Trucks.
O venres 5 de agosto pola mañá haberá un torneo de petanca, xogos na piscina e unha misa solemne coa actuación de Antonio Barros e iAlma (13).
Non faltará o pasarrúas coa charanga Ardores e a tradicional ofrenda floral na estatuta do Emigrante coa música do Himno de Galicia.
Pola tarde toca Jran Prix(16h), concerto de Antonio Barros e iAlma(20h) e unha verbena co grupo Bomba, a orquestra Saudade e a discoteca móbil Troula.
A terceira xornada será o sábado 6 de agosto. Pasarrúas matinal con Faíscas da Pontagra e “sardiñada” no campo da feira de Bembibre coa actuación de Los Coleguitas(14h).
Pola tarde promoverase un torneo de Xadrez na área recreativa da piscina(17h) e un torneo de fútbol entre a SD Dubra e CF Dumbría(19h). Culminarán as festas cunha completa verbena con Fania Blanco Show, Atenas e a discoteca móbil Troula.