O Vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Industria, Francisco Conde, recibirá o vindeiro 20 de xullo ao alcalde da Baña, Andrés García Cardeso(PP) e a representantes das asociacións de veciños O Outeiro, de San Mamede de Monte, e A Fonte Seca.
A comitiva bañesa trasladará o seu rexeitamento unánime da veciñanza e das forzas políticas contra ós parques eólicos que se tramitan no concello. E pediranlle ao Vicepresidente da Xunta que paralice todos os procesos que están en marcha neste concello.
Referiranse tamén ao caso concreto do parque eólico de Troitomil, no cal está aberto o prazo de presentación de alegacións.
Asesoramento ós veciños da Baña
O equipo de goberno chegou a un acordo con Borxa Colmenero, avogado e membro da asesoría xurídica da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga), que asesorá a todos os veciños e veciñas da Baña que teñan dúbidas de cales son os seus dereitos e de como presentar alegacións. As persoas interesadas deberán enviarlle un correo electrónico ao enderezo borxa@perezlema.com.
E promove tres charlas informativasA primeira destas xuntanzas celebrarase o vindeiro martes, día 12, no local social de Lañas, a partir das 20.00 horas. O mércores 13 a reunión será en San Mamede de Monte (19.00 horas tamén no local social). O xoves, día 14, a xuntanza vaise celebrar no local social de Fiopáns ás 20.00 horas.
Dende o Concello tamén se solicitou unha entrevista co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, para solicitar o apoio do organismo provincial, pero de momento non se obtivo resposta.
Alegacións parque de Troitomil
O Concello xa solicitou tamén á Consellería de Medio Rural un informe que acredite todos os incendios acontecidos no municipio nos últimos 35 anos nos terreos afectados. Por outra banda, unha arqueóloga está elaborando un informe sobre o impacto dos parques eólicos nas parroquias que están dentro da poligonal do parque eólico de Troitomil.
O obxectivo destes informes, e dos que están a preparar os técnicos municipais, e demostrar que a autorización do parques eólico en Troitomil incumpriría a lexislación vixente e alteraría o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
O equipo xurídico municipal está preparando as alegacións do Concello para recorrer a declaración de utilidade pública. Ao mesmo tempo, o equipo municipal de urbanismo asesorará a aquelas persoas que precisen axuda para tramitar as alegacións que estimen oportunas. Para falar cos técnicos recoméndase solicitar cita previa no 981 88 65 01.