19.2 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Val do Dubra, un concello constitucional con cinco capitais históricas

Tres nomes e cinco capitais tivo na era contemporánea o concello de Val do Dubra. Foi Dubra, Buxán e logo Val do Dubra. En obras como o diccionario de Madoz ou o traballo «Os concellos galegos» de Xosé Fariña Jamardo aparecen datos de interese.

Escudos do concello de Val do Dubra

OS PRIMEIROS AXUNTAMENTOS CONSTITUCIONAIS

Nesta etapa houbo no que agora coñecemos como concello de Val do Dubra, e o seu término, un axuntamento constitucional, chamado Dubra, que era o nome da xurisdicción a que pertenecían as suas parroquias, formando parte do partido xudicial de Poulo, e que figura nos repartimentos que fai a entón única deputación de Galicia, nas suas relacións cos axuntamentos.

O axuntamento de Dubra, figura no repartimento que fai a entón deputación única de Galicia, sobre a quinta, do 7 de xullo de 1821, coa obriga de entregar 4 homes e trescuartos. Figura tamén no repartimento que fai de contribución territorial o 13 de setembro de 1821, coa cuota de 45.534 rs. 7ms.; e no da contribución de consumo, do 2 de outubro de 1821, coa cuota de 7.932 rs. 30 ms.

O axuntamento de Dubra, segue formando parte do partido xudicial de Poulo, cando a comenzos do 1822, se fai a división de Galicia en catro provincias, pasando a depender no orden contributivo da nova provincia da Coruña e a sua deputación e cal fai un novo repartimento de quintas, o día 27 de xullo de 1822, no que Dubra ten a obriga de entregar 2 homes e dous decimos; e no presuposto de gastos que abonan os axuntamentos da mesma deputación, que leva a data de 10 de decembro de 1822, no que Dubra, ten a cuota de 3.601 rs. 6ms.

Mapa concello de Val do Dubra

A DIVISIÓN MUNICIPAL DO R.D. DE 23 DE XULLO DE 1835

O darse por rematados os proxectos de desenvolvemento do R.D. de 23 de xullo de 1835, o que agora é axuntamento de Val do Dubra, e que entón se chamaba Santiago de Buxán, como pertencente o partido xudicial de Ordes despois da reforma xudicial do 1834, o proxecto aparece publicado, no BOPCO, número 117 do 27 abril de 1836, pois a deputación provincial da Coruña quere a sua exposición para recibir as observacións que sobre o seu contido pudieran producirse, e no mesmo figura o axuntamento de Santiago de Buxán, coas doce parroquias que agora ten.

Unha vez pasado o periodo de observacións o proxecto foi levado a sesión da deputación do 6 de xuño de 1836, na cal e no correspondente a Santiago de Buxán, foi aprobado sen modificación alguna.

A publicación foi feita deseguida pola deputación provincial co obxecto de acadar a mais inmediata instalación dos novos axuntamentos, sendo publicada a do partido xudicial de Ordes no BOPCO, número 141 do 22 de xuño de 1836, en el figura o axuntamento de Santiago de Buxán, da forma literal seguinte

A CAPITAL MUNICIPAL DE VAL DO DUBRA

O Madoz di que a capital do axuntamento esta na freguesia de Buxán, Santiago, que entón era o nome do concello. No Carreras, que a capital esta no lugar de Bembribe, parroquia de Bembribe, e que últimamente foi capital a aldea de Nariño, freguesia de Niveiro, e que en Corredoira estivo tamén e no lugar de Casal. Como vemos as capitais foron moitas. Nariño no 1981, ten 116 habitantes na parroquia de Niveiro; Casal, con 52 habitantes en Arabexo; Corredoira estaba na parroquia de Bembibre, pero no 1981 non figura, o mesmo que Bembibre. E Faxón ou Fajón, como só era un casal debéu desaparecer. Non 1930 a capital é Bembibre, e a casa do concello foi inaugurada no 1958 cando xa se chama Val do Dubra.

escudo de Val do Dubra

ESCUDO E SELO DE VAL DO DUBRA

No 1993 non había constancia de que o concello de Val do Dubra, tivera recoñecido oficialmente o seu escudo heráldico municipal, pero o mesmo figuraba na fachada da sua casa do concello, e veno usando nos impresos oficiais e demais documentación; é que se parece moito ó que usaban no ano 1876, e que segundo o séu alcalde de entón Antonio Barco, toma a sua orixe e significación, na estrela coa Arca de Santiago, que é o patrono da parroquia.

En cumprimento dunha R.O. de Fomento de 30 de agosto de 1876, o Gobernador Civil da Coruña, remitéulle o Xefe do A.H.N. o 24 de setembro de 1877, as contestacións que lle tiñan dado os alcaldes da sua provincia, encol dos selos que usaran, ou viñan usando, é a sua historia.

O entón alcalde de Buxán, agora Val do Dubra, remítelle ó Gobernador a copia dos selos que se usaron e usan no municipio, non sendo posible presentar con eles unha maior claridade e esmero, debido o moito uso que teñen, e ademáis ser de pau, dous deles. Ditos selos dosque fai un pequeno comento son:

1º. Este e o selo que ven usando a alcaldia como primeiro dende a creación dos municipios, tomando a sua orixe e significación na estrela coa Arca de Santiago que é o patrono da parroquia de Buxán.

2º. Este é o do axto. dende igual tempo e propia significación.

3º Este selo foi feito pola revolución de setembro de 1868, e se usóu polos revolucionarios de entón, uns oito meses, quedando en desuso logo que se apoderaron dos anteriores.

4º O anterior selo data dende a creación dos Xulgados de paz, e ten as táboas da lei, a cuchilla, e a balanza da xusticia, e foi reformado fai un ano para o municipal, e se usa actualmente.

5º Este selo foi o primeiro do xulgado municipal, e sendo de pau, foi sustituido polo anterior de paz, hoxe municipal.

Aprobación en 2009

A Xunta de Galicia aproba en 2009 a aprobación do escudo do concello de Val do Dubra, que atendendo a un informe da comisión heráldica determinou a súa aprobación coas seguintes características:
“En campo de azur, sobre ondas de prata e azur un sarcófago de prata surmontado dun raio de luz superado dunha estrela de seis puntas da mesma cor. Ao timbre coroa real pechada”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos