O concello de Val do Dubra prepara unha nova edición da Festa dos Maiores, despois de dous anos de parón por mor da pandemia.
O evento desenvolverase no pavillón municipal de Bembibre o domingo 29 de maio. Haberá unha misa solemne(13h), e un xantar de confraternidade(14h) “ao que estan convidados gratuitamente tod@s @a maiores de 65 anos e xubilados, asi coma os seus cónxuxes”. Para continuar coa actuación musical de Alberto Show Musical.
As persoas interesadas deberán anotarse no departamento de Servizos Sociais do concello de Val do Dubra. Teñen ata o día 24 de Maio para facer a súa reserva.