8.1 C
Santa Comba
martes, marzo 11, 2025

Val do Dubra goza coas Feiras do Abril (Galería fotográfica)

Bembibre acolle estes días unha auténtica eclosión de actividades que convirten a esta localidade dubresa nun foco de atracción supracomarcal.

Aparte de contar con referencias musicais como a París de Noia e New York, os torneos de tiro, e a feira de cans de caza, e a exposición de maquinaria agrícola, o pavillón polideportivo acolle unha feira con medio cento de stands que ofertan numerosos produtos (todo o sábado e todo o domingo).

O alcalde José Manuel Varela Ferreiro e o xefe territorial de Medio Rural, José Manuel Santos Maneiro inauguraban este evento, acompañados polos alcaldes de Boqueixón, Ames e Trazo e por concelleiros de Santa Comba, A Baña e da propia corporación local.

Varela Ferreiro agradeceu a colaboración “dos moitos expositores que estades aquí” e convidou á toda a xente que se acerque ao concello de Val do Dubra “porque o noso concello ten uns lugares espectaculares para ver”.

José Manuel Santos destacou que Val do Dubra é “un concello que pretende potenciar o medio rural” e trasladou a súa “norabora” por un evento que “serve de escaparate e para dinamizar” a zona.Actuaron as pandereteiras da A.C. Regueifa e realizouse unhas visita a todos os expositores.

O broche ás actividades será este luns 4 de abril con mercadiño tradicional, festa da empanada e actuación do trío Alborada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos