É unhas das orquestras que están provocando expectación para esta tempada. Saen cunha dianteira formada por Cristie Sánchez, Rocío Varela, Iván Rodríguez Acuña, Gabriel Cea e Unai García. Apoiados por Dayana Quesada (teclista), Eddy Moreno(baixista), Robin Leira(batería), Yoga Medina e Maurie Manana(trompetistas), Chiño Pérez(saxo) e Miguel Domínguez(trombón).
Actuarán este sábado 2 de abril na VII Festa da Xuventude que se celebra no marco das Feiras de Abril de Bembibre, no concello de Val do Dubra (o venres estará a París de Noia).
«Esta tempada promete moito»
“Este tempada promete moito. Aínda que ser novidoso e moi difícil porque hai moita profesionalidade nas orquestas de Galicia” declarou o director de New York, nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas que presenta Xosé Manuel Lema.
Iván Rodríguez quería que New York destacara polos arranxos musicais:”Quixen facer unha orquestra moderna pero con arranxos para que disfrute a xente moza pero tamén a xente maior. Non podemos olvidarnos da esencia da verbena”.
A aposta é clara:”Unha orquestra moi fresca, dinámica que consiga que a xente cando nos vexa o pase ben”.Rodríguez destaca que ten un elenco moi completo “un equipo escollido, con xente de motisima experiencia”.