16.5 C
Santa Comba
sábado, junio 3, 2023

Apagan o lume dun vehículo que estaba ardendo cunha persoa ferida

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou na madrugada de hoxe venres no operativo que atendeu un accidente de tráfico na rotonda da Barquiña, no concello de Negreira. Unha actuación na que colaboraron os Bombeiros de Santa Comba e a Garda Civil de Tráfico.

O GES de Brión recibiu a chamada do 112 ás 00:50 horas de hoxe e saíu cara Negreira con dous vehículos e tres profesionais. Unha vez no lugar do accidente, comprobaron que o vehículo estaba ardendo e a persoa ocupante ferida, polo que foi trasladada ao hospital en ambulancia. O GES brionés procedeu a extinguir o lume do coche para despois retiralo da calzada e limpar a zona, coa colaboración do equipo de Mantemento de Estradas.

Info-GES DE BRIÓN

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos