9.7 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

París de Noia e New York nas “Feiras do Abril” de Val do Dubra

As “Feiras do Abril” de Val do Dubra chegan con forza e con varias formacións musicais que sen dúbida porán ritmo a estas celebracións.No campo da Tilleira(Bembibre) actuará o venres 1 de abril a orquestra París de Noia, acompañada pola discoteca móbil CDC.

Ao día seguinte, no mesmo sitio, terá lugar a VII Festa da Xuventude. Ás 12 do mediodía actuarán as pandereteiras da asociación xuvenil “Regueifa” e pola noite haberá verbena coa orquestra New York, acompañada pola discoteca móbil CDC.

O domingo 3 de abril, o trío musical Alborada ofrecerá una sesión vermú(14:00h).E  luns 4 de abril, no Campo da Feira, estará operativo un mercado tradicional, animado coa Festa da Empanada(14:00h) e coa actuación, novamente, do trío Alborada.Haberá unha pulpeira todos os días, nestas celebracións organizadas polo concello de Val do Dubra e a A.C. Emigrante.

Feira de cans de caza  e Torneo de tiro ó plato

Pero non serán as únicas actividades neste municipio. O domingo 3 de abril, as inmediacións do pavillón acollerán a I Feira de cans de caza, con distintos premios. Tamén no recinto deportivo, exporase maquinaria agrícola e  razas autóctonas.

E esa mesma fin de semana (2 e 3 de abril), ao lado do campo de fútbol Juan Baleato, disputarase un torneo de tiro ó plato (percorrido de caza e foso). Estas dúas actividades contan co patrocinio do Café Bar O Parador e de Agro Botica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos