7.6 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

‘Oroso West’ e ‘Nicrafest’, gañadores do desfile de Entroido da Baña

Foto portada- Nicrafest

O NON á guerra de Ucraína, as Tanxugueiras co Benidorm Fest, os emoticonos, as abellas e a moción de censura entre PP e Compromiso non faltaron hoxe no desfile de Entroido na Baña, ao que acudiron un total de 27 participantes nas diferentes categorías e procedentes de nove concellos das comarcas de Santiago, Noia e A Barcala. ‘Oroso West’ e ‘Nicrafest’ foron os gañadores, intercambiándose os postos en comparsas, que gañaros os de Oroso, e carrozas, con victoria para Negreira. Galicia Profunda e o Enxamio da Baña quedaron terceiros en carrozas e comparsas, respectivamente.

Oroso West

As rúas de San Vicenzo ao que acudiu numeroso público para ver as actuacións e animar aos participantes nun desfile presentado por Lupe Blanco, gañadora da primeira edición dos Premios Galegos de Regueifa.

Tras a deliberación do xurado, os gañadores das diferentes categorías foron:

Individual infantil: Beyoncé

Individual adulto: O caloriño da lareira

Parella: Cultura inuit

Grupo: Entroido Minecraft

Carrozas: Oroso West (1ª), Nicrafest (2ª) e Galicia Profunda (3ª)

Comparsas: Nicrafest (1ª), Oroso West (2ª) e Enxamio da Baña (3ª)

Galicia Profunda

Nota de prensa e fotos- Concello da Baña

Enxamio da Baña

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos