10.9 C
Santa Comba
viernes, mayo 9, 2025

Os concellos de Val do Dubra e Trazo rexeitan a construción dun vertedoiro en Niveiro

O alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela Ferreiro, e a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, decidiron “adoptar unha postura conxunta” e promover as “alegacións oportunas” co fin de evitar a construción dun vertedoiro de residuos na parroquia de Niveiro, que afectaría ós dous municipios “non só pola instalación do propio vertedoiro senón tamén pola circulación dos vehículos que transportan ditos residuos e que terían que atravesar os núcleos urbanos”. Entenden, polo tanto que esta iniciativa “perxudicaría gravemente” á veciñanza de ambos concellos.

Informe sobre a incompatibilidade do proxecto

Xa esta mesma semana o concello de Val do Dubra expresou a súa oposición á construción deste vertedoiro.Así se puxo de manifesto nun informe negativo da técnica municipal, que considera este proxecto “incompatible co solo no que se pretende construír”.

Ante as intencións da empresa de seguir adiante coa actuación desde o goberno local, formado por PP, Tega e Independentes, informaron ós outros partidos que forman parte da corporación “da gravidade da situación, posto que esta instalación afectaría gravemente ao noso municipio”.

Desde o executivo que preside José Manuel Varela Ferreiro solicitáronse informes complementarios aos servizos urbanísticos da Xunta, da Deputación da Coruña e á Axencia da Protección da Legalidade Urbanística “para poder respaldar a incompatibilidade desta obra”.

O concello adianta que “segundo se vai tendo máis información darase traslado da mesma á veciñanza e infórmase que se persiste a intención de instalar dita instalación no noso concello procederase a contratación de todos cantos servizos técnico e xurídicos sexan precisos para presentar as alegacións oportunas, asi como para asesorar a toda a veciñanza como parte afectada”

FOTO- XUNTANZA ALCALDES VAL DO DUBRA E TRAZO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos