5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Inaugurada a Casa do Maior de Val do Dubra

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este venres a Casa do Maior de Val do Dubra, nunha xornada de portas abertas.Estivo acompañada polo alcalde, José Manuel Varela Ferreiro, a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Parafita e outros membros da corporación.

Na súa visita, Fabiola García anunciou que Galicia superará os 110 destes centros antes de que remate o ano. Precisamente no día no que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba unha nova convocatoria para crear 30 novas casas do maior que se sumarán ás 83 xa en funcionamento.

A conselleira destacou que deste xeito poranse a disposición dos concellos sen centro de día 150 prazas gratuítas de atención próximas ás súas casas. A nova orde conta cun orzamento de 2,9 millóns de euros o que permitirá, ademais da posta en marcha destas novas unidades, incrementar en 5000 euros a axuda ás casas do maior máis lonxevas.

Desde o concello de Val do Dubra informan que as persoas interesadas neste servizo deberán contactar cos servizos sociais municipais.As Casas do Maior son un servizo gratuíto de atención diúrna a persoas maiores de 60 anos, cun máximo de cinco prazas cada unha para asegurar o coidado personalizado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos