4.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Andrés García Cardeso volve á alcaldía do concello da Baña

Andrés García Cardeso recupera a alcaldía da Baña ao prosperar a moción de censura presentada por PP e CxG

José Andrés García Cardeso recuperou hoxe a alcaldía da Baña ao prosperar a moción de censura presentada polo Partido Popular e Compromiso por Galicia  contra o socialista José Antonio Pereira Gil. No Pleno celebrado esta mañá pola Corporación da Baña, Cardeso contou cos sete votos a favor de PP e CxG e os catro en contra do PSdeG. 

A sesión de hoxe, como establece a Lei Electoral, estivo presidida pola mesa de idade, formada por José Manuel Landeira Liñares (PP), como concelleiro de maior idade, e Lorena Trillo López (CxG A Baña), a máis nova. A moción de censura fora presentada o pasado 26 de novembro polos dous grupos entón na oposición. Cardeso recupera así a alcaldía que ostentou durante 24 anos ata as eleccións celebradas en 2019.

Na súa intervención, Andrés García Cardeso asegurou que a moción de censura é “unha figura lexítima e democrática” contemplada na Lei Electoral Xeral. Tras repasar os motivos que levaron a Partido Popular e Compromiso por Galicia A Baña a presentar a moción, Cardeso dixo que “a política debe servir para unir e non para enfrontar. Por riba das ideoloxías, o importante son as persoas, os veciños e veciñas e o interese xeral”, afirmou o novo alcalde. Concluíu reiterando o compromiso “deste novo goberno plural para acadar o mellor para a Baña”.

O ex alcalde, José Antonio Pereira, considerou un “acto inxusto” a moción e asegurou que o de hoxe era “un día triste” para o municipio. “Demostramos que un goberno progresista podía mellorar as cousas despois de 24 anos, a pesar da nula colaboración dos outros dous grupos políticos presentes na Corporación”. “Son o alcalde ao que non deixaron traballar polo benestar da Baña”, concluíu Pereira Gil, antes de agradecerlle aos traballadores e traballadoras municipais e á veciñanza o seu apoio.

Pola súa banda, César Ramos recordou que no ano 2019 Compromiso por Galicia lle dera o seu apoio ao grupo socialista, “que non foi quen de aproveitar unha oportunidade histórica e demostrou a súa inoperancia”. Para César Ramos “tan lexítimo é o goberno saínte como o entrante”. Rematou a súa intervención afirmando que dende CxG “obramos con valentía para sacar isto adiante. Dentro de 16 meses, a veciñanza fará a súa valoración nas eleccións”.

Nota de prensa concello da Baña

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos