11.6 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Pereira:“Non entendo que Compromiso queira un cambio e que agora se arrime á dereita para meter ao concello no bucle de hai 24 anos”

Salvo sorpresas monumentais, o alcalde socialista da Baña enfróntase saída da alcaldía froito dunha moción de censura presentada por PP e Compromiso que se celebrará o 14 de decembro.

Para José Antonio Pereira estamos ante “unha moción que non ten fundamento” e que non comprende: “Non entendo que se presente esta moción. Que Compromiso, un partido galeguista, de esquerdas e progresista que quería un cambio e agora que se arrime á dereita para meter ao concello no bucle de hai 24 anos”.

Entrevista a Pereira desde o minuto 34 deste audio (Radio Xallas)

En declaracións a Radio Xallas lembrou que “desde un principio ofrecéuselle un pacto de goberno, cunha primeira tenencia de alcaldía, unha dedicación, dúas concellerías e uns orzamentos conxuntos”.

Pero non houbo acordo.“Enrocouse na miña persoa” manifestou Pereira, en alusión ao portavoz de Compromiso, César Ramos. “E agora deciden volver ao PP no goberno.“Estiveron torpedeando ao goberno desde o minuto 1. PP e Compromiso temían que acabaramos a lexislatura e que se consolidara o noso proxecto”.

Pensa que “é un retroceso para os veciños da Baña. A maioría votaron por un cambio e agora a esa xente vese defraudada polo xiro que fai Compromiso”.

Pereira Gil está contento co traballo:“Fixemos un traballo moi digno porque sufrimos un bloqueo sistemático”. Considera que Compromiso “vai a ter difícil xustificar estes feitos”

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos