16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

O PSdeG asegura que a moción de censura é moi negativa para o concello da Baña

O portavoz parlamentario socialista e secretario xeral en funcións do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou hoxe o seu apoio pleno ao alcalde da Baña trala presentación da moción de censura contra o rexedor socialista, José Antonio Pereira, a quen considera «o mellor alcalde para A Baña».

“Todo o meu respaldo ao alcalde da Baña que fai unha gran xestión a pesares de non ter maioría absoluta”, destacou o dirixente socialista logo de subliñar o seu “magnífico traballo, proxecto e compromiso” no goberno municipal progresista. “José Antonio Pereira é o gran alcalde que necesita A Baña”, sentenciou.

Neste sentido, Gonzalo Caballero sinalou que os grupos municipais de PP e Compromiso “non lle queren deixar rematar o mandato porque teñen medo electoral a que se consolide como o gran alcalde que é para A Baña”, moción que chega despois de que “xa boicotearan ao goberno local en distintos momentos, incluso quitándolle ao alcalde o seu salario”.

“Esta moción de censura é moi negativa para o concello da Baña”, xa que detrás deste procedemento “non hai proxecto”, senón “unha suma de intereses que non teñen á veciñanza como prioridade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos