16.4 C
Santa Comba
domingo, julio 3, 2022

A Xunta estudia os restos da antiga capela de Novais no concello de Val do Dubra

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela, para informar que a Xunta de Galicia iniciou hai uns días os traballos de prospección arqueolóxica, estudo e documentación dos restos da antiga capela de Novais, no concello de Val do Dubra. Esta actuación, que permitirá coñecer as orixes desta edificación, enmárcase no obxectivo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de poñer en valor os xacementos arqueolóxicos máis significativos da Comunidade. 

En concreto, a intervención centrarase en pescudar este ben para documentalo de cara  a súa catalogación e protección. Para iso, vaise realizar unha prospección arqueolóxica intensiva dos restos da capela e do contorno inmediato, así como un estudo histórico da mesma que incluirá, polo menos, a busca de información nos arquivos parroquiais  próximos ao lugar e máis no Arquivo Histórico Diocesano. 

Asemade aproveitarase para facer un rexistro 3D do ben mediante fotogrametría. Por outra banda, no eido divulgativo, e en colaboración co Concello do Val do Dubra, realizarase unha visita comentada ao lugar unha vez rematada a actuación para dar a coñecer o estudo realizado e os valores propios do sitio. Finalmente, elaborarase unha ficha de inventario e unha memoria na que se recompile toda a documentación de cara á súa catalogación.

Nota- Xunta de Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
462SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos