Máis de 70 persoas participaron na andaina «O rural contra a violencia de xénero» que organizou o GDR Terras de Compostela, dentro da campaña na que participaron os 24 grupos de desenvolvemento rural de toda Galicia coordinados por Agader.
No caso de Terras de Compostela, a andaina realizouse entre a igrexa de Trasmonte (Ames), seguindo o trazado do Camiño de Santiago ata o auditorio novo de Negreira. No seu percorrido, as persoas participantes fixéronse unha foto de grupo en na ponte romana de Ponte Maceira.
A comitiva estivo encabezada pola presidenta do GDR, Guarina Rey, acompañada dun grupo de nenos e nenas. Nas mesma, ademáis de representantes de diferentes colectivos e asociación que forman parte do GDR, participaron os alcaldes de Ames, Brión, A Baña, Negreira, Santa Comba, Boqueixón e Vedra.
Ao rematar o percorrido, e xa no auditorio de negreira, todas as persoas asistentes participaron nunha videoconferencia coa Directora xeral de Agader, Inés Santé, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que participaron tamén en sendas andainas na provincia de Lugo.
Nota e fotos- GDR Terras de Compostela