10.3 C
Santa Comba
martes, abril 22, 2025

David Gontán deixa a corporación da Baña. Será substituído por Lorena Trillo

O concelleiro de Compromiso, David Gontán anunciou a súa renuncia como edil no concello da Baña mediante este comunicado:

«Fago renuncia como concelleiro da actual corporación municipal porque a miña situación personal e profesional cambiou. E non podo adicarlle o tempo que necesita este proxecto político. Un proxecto que parín fai anos e estou confiado nel. Quédome con todo o bo desta viaxe, cos amigos e amigas que aqui fixen, e o gustoso que foi traballar con todos e cada un de vos. Dou un paso a un lado, por responsabilidade, deixando a primeira liña de batalla, pero seguindo vinculado a este equipo. Quero agradecervos a todos que durante este tempo estivestes ao meu lado, nestes tempos que foron duros. Sempre sentín o voso apoio e quero manifestar que sempre estarei apoiando a César Ramos e a todo o equipo. Sen máis aproveito para decir que sempre tentei facelo o mellor que sei. Foi un orgullo ser concelleiro no meu concello. VIVA A BAÑA E VIVA GALIZA».

Entrará na corporación Lorena Trillo López, da parroquia de Lañas “ ainda que ten familia n Troitosend e participa na asociación de veciños Os Pícaros de Troitosende”. Trillo é técnica superior de  Educacion Infantil, Graduada en Educacion Social e  Máster Universitario en Mediación e Gestión de Conflictos .

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos