6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Compromiso traslada á Fiscalía «presuntos delitos de prevaricación e violación de secretos» do goberno da Baña

– Nota íntegra remitida por Compromiso A Baña

Este xoves os concelleiros da actual Corporación Municipal do Concello da Baña, César Ramos e David Gontán, acompañados dos xuristas Xoán Antón Pérez Lema e Borxa Colmenero Ferreiro, fixeron entrega nas dependencias da Fiscalía da área de Compostela, sita no polígono de Fontiñas, de toda a documentación recompilada sobre contratacións realizadas nos últimos dous anos no Concello da Baña e, segundo indican, por ser presuntamente constitutivos de delitos de prevaricación administrativa tipificado no art. 404 do Código Penal, e probas documentais de posible e delito de violación de secretos tipificado no art. 417 de devandito Código Penal.

Compromiso leva meses criticando e pedindo explicacións ao goberno do PSOE da Baña polo sistema de contratación pouco transparente e que non garante a igualdade de oportunidades e as seleccións de persoal que non respectan os principios de mérito e capacidade dos seus aspirantes.

A Valedora do Pobo xa reprobara ao goberno do PSOE da Baña pola falta de cumprimento das obrigas de publicidade activa ou de oficio derivadas tanto da lei de contratos do sector público como das leis de transparencia. O goberno bañense que recoñece este incumprimento e tamén a situación irregular de contratos de empresas (que deron lugar a diferentes reparos de legalidade emitidos por intervención) continúan a día de hoxe, case un ano despois, sen ser emendadas.

Os representantes da agrupación independente Compromiso A Baña, xunto co gabinete “PérezLema avogados e consultores”, recompila toda a información e fai entrega na Fiscalía dun informe con toda a documentación pertinente ao obxecto de que proceda á apertura de dilixencias informativas.

O portavoz de Compromiso A Baña, César Ramos, subliñou que “Levamos multitude de plenos criticando e pedindo información referente á forma de contratar escura e de dubidosa legalidade do goberno do señor Pereira, así como as políticas radicalmente parciais e partidistas que levan a cabo para favorecer a empresas e xente afín ao PSOE. 

A actitude déspota e autoritaria do rexedor municipal é intolerable e disparatada, por respecto á nosa veciñanza non podemos permitir este disparate de goberno”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos