12.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

A Xunta inviste 2,4 millóns de euros en programas de emprego na comarca de Santiago

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o obradoiro de emprego dual de Negreira, Programa de Emprego Mocidade 2020, no que se están a formar a 16 desempregados en albanelería e en actividades auxiliares de xardinería. Durante a visita o representante do Goberno autonómico destacou que os programas de emprego, incluídos os obradoiros de garantía xuvenil, xa resoltos nestes momentos pola Consellería de Emprego e Igualdade permitirán a contratación de 148 desempregados da comarca de Santiago, grazas a un investimento de 2,4 millóns de euros, para prestar servizos aos concellos.

Trenor lembrou que nestes momentos a Xunta xa resolveu os programas de emprego para a contratación de Socorristas, de personas perceptoras de Risga e Aprol rural para a prevención de incendios. Grazas a estes tres plans de emprego os concellos da área de Santiago recibirán máis dun millón euros para contratación de 85 desempregados para realizar distintas tarefas e servizos de interese público.

O delegado da Xunta recalcou que nestes momentos están tamén resoltos os obradoiros de garantía xuvenil cos que a Xunta apoiará na comarca de Santiago un obradoiro en Santiago de Compostela con dúas especialidades, unha en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e outro de desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos.

A mancomunidade de Ordes tamén contará cunha axuda para programar un taller de fábricas de albanelería e de traballos de carpintería e moble; o Concello de Teo centrará o seu obradoiro en programación con linguaxes orientados a obxectos e bases de datos relacionais e finalmente o Concello de Rois programará un taller de confección e publicación de páxinas web. En total formaranse a 63 alumnos, cun investimento de máis de 1,4 millóns de euros.

Nas vindeiras semanas está previsto que se resolvan os obradoiros ordinarios que tamén suporán un importante impulso para a creación de emprego nos municipios desta zona de influencia.

Este tipo de iniciativas enmárcanse na prioridade da Xunta de crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos como as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€ para a contratación de 280 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, que xa están convocados, cun orzamento de 10M€ para apoiar a contratación de 4.000 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro. 

Fonte-Xunta

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos