5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Nova campaña de escavación no Castelo de Portomeiro

O vindeiro luns 12 de xullo iniciarase unha nova campaña de escavacións arqueolóxicas no xacemento altomedieval do Castelo de Portomeiro (Val do Dubra), froito da colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e a asociación cultural Larada, propietaria do xacemento.

Unha campaña dirixida por José Carlos Sánchez Pardo e por Mario Fernández Pereiro que se prolongará ata o 23 de xullo e terá un carácter aberto. Calquera persoa poderá achegarse durante os traballos e recibir unha explicación.Sobre esta nova campaña falou en Radio Xallas, Mario Fernández Pereiro.

Entrevista desde o minuto 32

“Principalmente imos a intervir en dous dos edificios que xa localizamos o ano pasado.A intención é deixar un enteiro un completamente escavado e continuar avanzando noutro que se se sitúa no centro. E a maiores realizar unha sondaxe na zona sur do Castelo, onde aínda non traballamos, para ver como é o urbanismo” comentou Fernández Pereiro.

Aparte do compoñente de investigación desta campaña, tamén hai un “compoñente formativo” xa que participa un grupo de estudantes do grao de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos